Koichi Tanaka
(2020) | |
Nome orixinal | (ja) 田中耕一 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de agosto de 1959 (65 anos) Toyama, Xapón |
Residencia | Prefectura de Toyama |
Educación | Universidade de Tohoku (pt) - enxeñaría (1978–1983) Toyama Chubu High school (en) Toyama City Shimazono Junior High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico, profesor universitario, enxeñeiro |
Empregador | Universidade de Toquio Universidade de Tohoku (pt) University of Tsukuba (en) Ehime University (en) Shimadzu Corp. (pt) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Tanaka, Koiči, 1959-, |
Kōichi Tanaka (田中耕一?), nado en Toyama o 3 de agosto de 1959, é un químico xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2002.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en química na Facultade de Enxeñería na Universidade de Tōhoku en 1983. En abril daquel ano, é asignado ao Laboratorio de Investigación Central de Shimadzu Corporation, situada en Kyoto. En maio de 1986 foi transferido ao Equipo de División Científica dese departamento. En maio de 1989 gañou o Premio ao Estímulo da Sociedade de Espectroscopía de Masas do Xapón.
En xaneiro de 1992, foi transferido temporalmente a KRATOS Analytic Ltd. (unha filial de Shimadzu Corporation) en Manchester (Inglaterra) por un ano. Isto era a súa primeira experiencia de residir no ultramar, e isto era unha experiencia desconcertante desde varios puntos de vista, o máis prominente a lingua e a cultura.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Admirado polos seus colegas pola súa minuciosidade e a súa forma estruturada de traballo. «É, ata para parámetros xaponeses, un animal de traballo», dixo Martin Resch, que traballa na empresa de aparellos de laboratorio Shimazu, do mesmo xeito que Tanaka, de 43 anos.
Tanaka adquiriu notoriedade en 1987, ao presentar nun simposio un método de análise nova desenvolvido por el e chamado «Soft Laser Disorption», polo que as moléculas de proteína son cargadas eléctricamente con láser, para deixalas voar libremente e analizalas. Desta forma, tamén é posible analizar macromoléculas biolóxicas nun espectrómetro de masas. Actualmente dirixe o Departamento de investigación da corporación Shimadzu en Kyoto.
Koichi Tanaka recibiu o Premio Nobel de Química en 2002, xunto con John Fenn por «o desenvolvemento de métodos de identificación e de análise estrutural de macromoléculas biolóxicas». O outro laureado en Química ese ano foi Kurt Wüthrich.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2002 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2002 (en inglés)
- Perfil de Koichi Tanaka en NNDB (en inglés)
Predecesor: William Standish Knowles, Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless |
Premio Nobel de Química 2002 con John Fenn e Kurt Wüthrich |
Sucesor: Peter Agre e Roderick MacKinnon |